Premios Mil Primaveras

IV edición

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra.

Estes premios naceron co fin de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal sexa a valorización e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio, e que foran desenvolvidos total ou parcialmente en 2019, 2020, 2021 ou 2022.

Na edición de 2022 desaparecen as categorías en que se clasificaron os premios nas tres edicións anteriores e recoñecerase un máximo de catro accións, campañas, programas ou proxectos, sen establecer ninguna xerarquía entre os premios que se outorguen.

O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro de 2023.

Bases

Máis información

Palabras clave: