Petiscos de ciencia

Concurso de vídeos en galego

Co gallo da celebración este ano do centenario da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, a Comisión de Normalización Lingüística desta facultade, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o concurso de vídeos “Petiscos de ciencia”.

Destinatarios:

- categoría A: alumnado de ESO, formación profesional e bacharelato.

- categoría B: calquera membro da USC.

Os participantes deben elaborar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos no que se presenten pílulas sobre calquera tema relacionado coa ciencia.  O prazo para a presentación dos traballos remata o 22 de abril de 2022.

 

BASES

Palabras clave: