Museo Virtual MUV na Escola Rural
O proxecto O MUV na escola rural é unha iniciativa que achega a realidade virtual aos centros educativos situados en zonas rurais de Galicia, pretendendo contribuír a eliminar algún dos obstáculos aos que estas escolas se enfrontan día a día.
O obxectivo é fomentar a accesibilidade á cultura; introducir as novas tecnoloxías nas aulas a través de accións culturais interactivas; potenciar o pensamento artístico no alumnado como vehículo de relación; fomentar a conciencia ambiental e valores para a preservación ambiental, e utilizar as prácticas artísticas como ferramentas transversais nos centros educativos.
O proxecto é unha proposta intercentros, que comeza cun programa informativo en liña para docentes a través do que se validan de forma colectiva os recursos educativos. Posteriormente, o MUV viaxa ás escolas seleccionadas, achégase a Realidade Virtual ás aulas e actívanse os materiais didácticos a través de accións culturais interactivas.
Prazo de inscrición: do 26 de setembro ao 26 de outubro de 2022.