Concurso literario ‘Mazarelos’ 2022
VIII edición

Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a nosa literatura son os obxectivos que guían á Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por oitava vez o Concurso literario ‘Mazarelos’.
O concurso está aberto á participación de todo o alumnado da USC e do persoal investigador contratado, e poderán facelo en dúas modalidades: temática aberta e temática científica. En ambos os casos, as obras poderán pertencer a calquera xénero literario, e deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
O prazo para a presentación rematará o 30 de setembro de 2022.
Palabras clave: