Premios educativos Innovagal

Curso 2021/22

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca por segundo ano consecutivo os premios educativos Innovagal co obxectivo de premiar a aqueles centros e docentes cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa ao desenvolver enfoques didácticos e/ou organizativos que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado.

Modalidades e destinatarios:

- Modalidade centro: dirixida a centros docentes públicos dependentes desta consellería que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.

- Modalidade docente: dirixida ao persoal docente funcionario de carreira que imparte ensinanzas en centros docentes públicos que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.

Categorías:

- Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.

- Categoría B: centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 5 de outubro de 2021.

 

Toda a información

Palabras clave: