Galiciaskills 2021
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/galicia_skills_2021.jpg?itok=nVt_tG41)
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca o 6º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2021, tras o éxito conseguido nas anteriores convocatorias e referendado polos nosos competidores/as nas edicións dos campionatos nacionais Spainskills e pola presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais Worldskills e Euroskills.
Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, Galiciaskills 2021 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.
Este é un campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de 24 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
Os centros que queiran presentar competidores/as deberán facer efectiva a súa participación cubrindo unha solicitude de inscrición por cada skill no que participen.