CanSat
CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. O gran reto para eles é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a fonte de enerxía, os sensores e os sistemas de comunicación, no volume e a forma dunha lata de refrescos, un espazo moi pequeno.
O CanSat é lanzado por un foguete ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro, ou déixase caer desde unha plataforma, un dron. Durante a caída realízase un experimento científico e/ou unha demostración tecnolóxica, ademais de lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.
A competición contempla 5 fases:
- Fase 1 – Imaxina o tu CanSat: Inscricións
- Fase 2 – Constrúe teu CanSat: Misión primaria y secundaria
- Fase 3 – Lanza o teu CanSat – Competición Rexional (Galicia)
- Fase 4 – Lanza o teu CanSat – Competición Nacional
- Fase 5 – Competición Europea
A inscrición está aberta aos equipos que deberán estar formados por un mínimo de 4 e un máximo de 6 estudantes (de entre 14 e 19 anos) e unha persoa docente/mentora (máximo 2 sempre que en conxunto non se superen as 7 persoas). Unha mesma persoa pode titorizar a varios equipos de estudantes.
A inscrición está aberta ata o 3 de decembro. En breve comenzarán as accións formativas, de acompañamento e apoio ao profesorado que participe na competición, que contará con kits básicos para comezar o traballo e garantir a chegada do equipo á fase rexional de lanzamentos.