Senda dos faros

Concurso de curtas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan o concurso de curtas "Senda dos faros".

Vai dirixido ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio, sostidas con fondos públicos.

O prazo para solicitar a participación remata o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos, dunha duración máxima de 5 min, será o 30 de marzo de 2020.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata o 26 de febreiro de 2020 (incluído).

BASES

Máis información

Palabras clave: