Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
A Coordinadora Galega de ONGD abre a convocatoria da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global coa vontade de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
Nesta primeira edición premiaranse experiencias educativas, proxectos e propostas pedagóxicas realizadas durante os cursos escolares 2018/19 e 2019/20 .
Poderanse presentar docentes ou equipos de docentes de centros de ensino galegos de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de novembro de 2020 ás 23:59 horas. A solicitude deberá presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org.