Lingua rodada

Lingua rodada é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo coa finalidade de potenciar o uso e a valoración positiva do galego entre as xeracións máis novas, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.

Poderá participar alumnado de 12 a 17 anos dos centros de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que curse ensinanzas de educación secundaria (ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio, con vídeo-relatos de ata 1:30 min de duración, gravados con aparellos móbiles.

Inscricións: ata o 3 de febreiro de 2020.

Ampliado o prazo de inscrición ata o 21 de febreiro de 2020 (incluído).

Toda a información