Innovagal

Premios educativos 2020/21

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca por primeira vez os premios educativos Innovagal co obxectivo de premiar a aqueles centros e docentes cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa ao desenvolver enfoques didácticos e/ou organizativos que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado.

Establécense dúas categorías: A (dirixida a EEI, CRA, CEE, CEIP e CEP) e B (dirixida a CPI e IES); e presenta dúas modalidades:

  • Modalidade centro: dirixida a centros docentes públicos dependentes desta consellería que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
  • Modalidade docente: dirixida ao persoal docente funcionario de carreira que imparte ensinanzas en centros docentes públicos que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 5 de outubro de 2020.

Máis información

Palabras clave: