WRO Galicia

Olimpíada de robótica educativa

A  World Robot  Olympiad ( WRO) é unha divertida e desafiante olimpíada de robótica na que os participantes poderán vivir unha experiencia educativa internacional no ámbito da tecnoloxía na que, a través dos seus retos, abordaranse aspectos relacionados co medio ambiente, a reciclaxe ou as cidades do futuro.
A  WRO Galicia 2019, organizada pola  Amtega e a empresa  Arkitas Robótica  S. L., constitúe a fase local desta competición na que equipos de 2 a 3 integrantes participarán nas seguintes categorías:

  • Categoría WeDo: de 6 a 10 anos
  • Categoría Regular Elementary: de 7 a 12 anos
  • Categoría Regular Junior  High: de 13 a 15 anos
  • Categoría Reto XENE II Football: de 10 a 19 anos  

Os participantes mellor clasificados poderán acceder á final nacional e/ou internacional.
O obxectivo é ofrecer ao alumnado unha oportunidade de achegarse dunha forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñería.
O evento celebrarase o sábado 15 de xuño de 2019 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Máis información

Palabras clave: