Visitas á colección de arte

Curso 2019/20

A Fundación María José Jove organiza visitas de colexios á súa colección de arte dirixidas a alumnado de infantil, primaria e secundaria, a través de actividades deseñadas para cada nivel de idade, adaptando os guións tanto para grupos que xa visitaron a colección con asiduidade, como para aqueles que por primeira vez  toman contacto con ela. O obxectivo é achegar os grupos escolares ao universo da arte como transmisor e comunicador co fin de recoñecer as diferentes linguaxes e aprender a lelos.

A actividade desenvólvese de luns a venres en horario de mañá, e ten carácter gratuíto.

Inscrición no tlf. 981 160 265.

Máis información

Palabras clave: