Somos a curta!

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación volve convocar, este ano por oitava ocasión, o concurso ‘Somos a curta!’ enfocado cara ao cinema do real e coa intención de promover o noso idioma no audiovisual, un eido clave para a sociedade.

No certame pode participar o alumnado das tres universidades galegas e o do bacharelato artístico e das diferentes escolas de Imaxe e Son de Galicia.

Prazo de presentación: ata o 11 de outubro de 2019.

 

Máis información

Palabras clave: