O meu elemento
A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, a través da súa comisión de normalización lingüística, o grupo de innovación docente CienciaNosa e o Sistema de Normalización Lingüística da USC, convocan o concurso de vídeos "O meu elemento" para sumarse á celebración de 2019 como Ano Internacional do Sistema Periódico.
O obxectivo desta iniciativa é o de atraer o interese do alumnado sobre este acontecemento e a actividade científica en xeral, así como poñer de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega.
O concurso establece dúas categorías:
- Categoría A: alumnado da ESO e de 1º e 2º de bacharelato dos centros de educación secundaria e CPI de Galicia, en grupos cun máximo de tres estudantes coordinados por un docente.
- Categoría B: membros da comunidade universitaria do Sistema Universitario Galego (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña), de maneira individual ou en grupos de, como máximo, tres integrantes.
O prazo de presentación dos proxectos remata o 24 de abril de 2019.
BASES