Club de Letras

Baixo o título Club de Letras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca un novo proxecto de innovación educativa co obxectivo de potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais.

Os destinatarios son os centros docentes públicos que impartan ensinanzas de educación primaria, educación secundaria e bacharelato.
Cada ano centrarase nunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas, abordada de xeito transversal.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de setembro de 2019.

Máis información

Palabras clave: