Cara a cara

Obradoiro de creación plástica

As artistas Iria Fafián, Cillas Rodríguez, María Meijide, Lúa Gándara e a deseñadora María Luaces protagonizarán a quinta edición do obradoiro de creación plástica Cara a cara, unha actividade na que guiarán os asistentes a través dos seus procesos creativos coa fin de elaborar un proxecto común, nunha proposta cuxo obxectivo é establecer liñas de comunicación entre creadores locais e o seu público.

Os obradoiros, coordinados polo deseñador Herminio Martínez, terán lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña todos os venres entre o 1 de marzo e o 26 de abril, e pecharán o venres 3 de maio cunha mostra dos traballos realizados polos participantes.

Máis información