La Brújula
Programa de orientación e prevención
A Fundación María José Jove, coa colaboración da Asociación Emilia Gómez ADAFAD, pon en marcha “La Brújula”, novo programa gratuíto dirixido a adolescentes de centros educativos de toda Galicia, de 5º e 6º de EP, ESO e Bacharelato, que ten como obxectivo orientalos na prevención do consumo de drogas e alcol e a violencia no ámbito escolar.
En “La Brújula” profesionais especializados dirixen unha dinámica de grupo na que o eixe central son as historias reais de persoas anónimas sobre esas temáticas, ademais de contar coa presenza dun/ha mediador/a. A actividade desenvólvese en horario lectivo na sede da Fundación Jove na Coruña e ten unha duración máxima de 90 minutos.
Palabras clave: