Bolsas Fundación Amancio Ortega

Curso 2020/21

A Fundación Amancio Ortega pon en marcha este programa de bolsas co obxecto de facilitar á mocidade de institutos e colexios españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe do inglés, durante un ano académico.
Os estudantes seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a primeiro de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro, convalidación do ano académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

O prazo de inscrición remata o 30 de outubro de 2019.

Toda a información