Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas

XI edición

O Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas, promovido pola fundación do mesmo nome e apoiado pola Consellería de Cultura e Educación a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do Plan Proxecta, ten a finalidade de achegar o estudantado ao patrimonio lingüístico e cultural galegos.

Inclúe dúas modalidades de participación (ensino primario e secundario) dotadas con cadanseus 7000 euros, destinados a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2018/19, en colaboración co Museo do Pobo Galego, que acollerá a exposición pública dos dous proxectos resultantes do traballo desenvolto ao longo do vindeiro ano.

O prazo de participación está aberto ata o 31 de maio e o xurado cualificador emitirá o seu ditame antes do 22 de xuño.

Bases no arquivo adxunto.

Palabras clave: