Open Science Cambre

Os días 15 e 16 de setembro terá lugar a primeira feira de ciencia aberta Open Science Cambre, que foi incluída pola comunidade para o ensino das ciencias en Europa como evento de interese europeo. Ten como obxectivo a divulgación científica así como o fomento do uso de hardware e software libre. Estará situada no Parque da Igrexa de Cambre (A Coruña).

Trátase dunha iniciativa do club de ciencia do IES David Buján, XenTD100cia, en colaboración co Concello de Cambre. Realizaranse actividades como un concurso de foguetes de auga, un café científico ou demostracións científicas.

Toda a información

Palabras clave: