IV Premio nacional de iniciación á investigación tecnolóxica

O premio nacional de iniciación á investigación tecnolóxica forma parte dunha das liñas estratéxicas institucionais emprendidas pola Unión de Asociaciones de Ingenieros Técnicos Industriales y Graduados en Ingeniería de la Rama Industrial de España (UAITIE). O obxecto deste premio é o fomento das vocacións e do interese do alumnado preuniversitario nos estudos de enxeñerías da rama industrial, mediante a práctica de actividades de iniciación á investigación tecnolóxica.

Tamén son obxectivos desta iniciativa a potenciación das materias de tecnoloxía e da concienciación da sociedade en xeral sobre o papel dos enxeñeiros nos procesos de investigación e innovación da tecnoloxía e da industria.

O premio vai dirixido a estudantes de tecnoloxía e de tecnoloxía industrial de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato e versará sobre as seguintes temáticas: deseño industrial, aforro enerxético, xestión de residuos, atención á discapacidade e urbanismo intelixente.

O prazo de inscrición remata o 31 de marzo de 2019.

Máis información

Palabras clave: