I Concurso de carteis sobre a doazón e os transplantes

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de carteis relacionado coa doazón e os transplantes. Este concurso ten como finalidade achegar a realidade da doazón e dos transplantes á poboación escolar na nosa Comunidade Autónoma, de xeito que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios do fomento da doazón de órganos para a cidadanía.

O destinatario é o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO de todos os centros educativos galegos.

O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 24 de abril de 2018.

Amplíase o prazo de participación ata o 30 de abril.

Bases do concurso