Congreso escolar Aliméntate ben 2018

Este Congreso, dirixido aos centros públicos participantes nalgunha das edicións do programa Aliméntate ben dentro do Plan Proxecta, pretende ser un escaparate onde o alumnado poderá presentar os proxectos que se desenvolven nos seus centros para conseguir uns hábitos de vida saudables no que toca á nutrición. Organizado conxuntamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade, a Consellería do Mar, a Consellería do Medio Rural e o Instituto Galego do Consumo e a Competencia, terá lugar os días 3 e 4 de maio no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

As mellores experiencias seleccionadas para participar no Congreso optarán a un premio co que se quere recoñecer as boas prácticas que se están a dar dentro dun dos programas de maior atención por parte dos centros: outorgarase un premio á mellor experiencia desenvolvida no ámbito de infantil e primaria e outro para o ámbito de secundaria e formación profesional. Para favorecer a participación dos centros, a convocatoria prevé unha partida orzamentaria destinada a sufragar os custos do desprazamento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de marzo.

Máis información AQUÍ