Premio Concepción Arenal 2017
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/premio_concepcion_arenal.jpg?itok=VkHmA1a-)
A Deputacion da Coruña, no marco das actividades con motivo da conmemoración do 25 de novembro do 2017 "Día contra a violencia de xénero" convoca o Premio Concepción Arenal 2017. O obxectivo é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.
Poderán participar centros educativos públicos da provincia da Coruña que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:
A) Proxectos educativos en educación infantil
B) Proxectos educativos en educación primaria
C) Proxectos educativos en educación secundaria
Premiarase o programa de actividades de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, etc, a promoción da empatía, a autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.
O prazo de presentación remata o 14 novembro de 2017.
BASES DO CONCURSO