O teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos

Programa formativo relacionado co patrimonio do Camiño de Santiago

O Consello Xacobeo amplía ata o 29 de decembro de 2017 o prazo para a inscrición no programa formativo "O teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos". Destinado a centros educativos, espazos culturais, organismos públicos e asociacións, nace co propósito de difundir o patrimonio cultural relacionado co Camiño de Santiago, e motivar no alumnado unha reflexión sobre a importancia da conservación do mesmo.

Poderán participar grupos de mozos matriculados en Educación Secundaria durante o curso académico 2017/18. Establécense varias categorías para participar:

  • fotografía
  • vídeo/curtametraxe 
  • cómic/foto-cómic

Toda a información