GaliciaSkills 2018

V Campionato Galego de Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.
Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2018 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa Comunidade Autónoma.
Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 23 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
Galiciaskills 2018 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2018.

A solicitude de inscrición deberá remitirse, antes do día 23 de marzo de 2018, ao seguinte enderezo de correo electrónico sxfp@edu.xunta.es

Bases do campionato

Toda a información

 

Palabras clave: