Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D

Convocatoria de premio de innovación educativa

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca este premio dirixido aos centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato. Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos, configurados por un mínimo de tres e un máximo de seis alumnos/as do mesmo nivel educativo, procurando que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante. Os equipos estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos eles.

Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario no curso 2016/17. Establécense dúas categorías de participación:

  • Categoría STEM junior (iniciación), para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Aconsellado para 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
  • Categoría STEM senior (afondamento), para proxectos máis complexos. Aconsellado para alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.

O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2017.

Máis información

Palabras clave: