Concurso Eduemprende Idea
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca unha nova edición do concurso Eduemprende Idea, co que se busca estimular o emprendemento entre os máis novos. O certame vai dirixido ao alumnado matriculado no curso 2016/17 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
A convocatoria consta de dúas modalidades, A e B, dirixidas ao alumnado de ciclos de grao superior e de grao medio, respectivamente, en grupos de dous a catro persoas. En ambas as dúas modalidades, ademais dos premios en metálico, todos os galardoados poderán incorporarse a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e recibir asesoramento técnico do IGAPE.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de maio de 2017.
Toda a información nesta ligazón