Certame Vindevídeos
Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura, convoca o Certame Vindevídeos, coa finalidade de que a xente nova e mais a sociedade en xeral poidan achegarse á cultura trobadoresca a través de producións en soporte audiovisual.
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación infantil e primaria, de educación secundaria (ESO, bacharelato, FP básica,ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio. Incluiranse os centros que impartan ensinanzas de adultos destes niveis académicos e os centros que impartan ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia.
Establécense dúas categorías:
- categoría A: vídeos realizados con alumnado de educación infantil e primaria
- categoría B: vídeos realizados con alumnado de educación secundaria, ensinanzas especiais de grao medio, ensinanzas de adultos destes niveis académicos e ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia.
O prazo para solicitar a participación e enviar os vídeos rematará o 11 de decembro de 2017.