XIV Premio “Pura e Dora Vázquez"
A Deputación de Ourense convoca o XIV Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil, un certame que quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e mozos, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.
Ao premio, na súa modalidade de narración, poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais.
O prazo de admisión de orixinais remata o 30 de decembro de 2016 para a modalidade de narración. Unha vez fallado este premio (no primeiro trimestre de 2017), convocarase o premio “Pura e Dora Vázquez” de Ilustración. As obras presentadas nesta modalidade tomarán como base o texto premiado na modalidade de narración. O prazo de presentación neste caso rematará o 31 de marzo de 2017.