Que estás a ler?
Concurso de blogues
A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Fundación SM convocan a quinta edición do concurso ‘Que estás a ler?’. Os destinatarios son lectores e lectoras de entre 15 e 17 anos que se atopen cursando estudos. O concurso convoca tamén os profesores para estimular aos seus alumnos para participar desde calquera ámbito do ensino.
Os requisitos son os seguintes:
- Crear un blogue ou utilizar algún xa creado polo alumno/a onde contar a experiencia como lector/a.
- Pódese facer individualmente ou en grupo.
- No blogue hai que falar das lecturas propias, podendo relacionalas con outros moitos temas que interesen, como o cinema, o videoxogo, o teatro, a música, a fotografía, o deseño gráfico, a pintura...
- O blogue pode estar escrito en calquera das linguas de cada país.
- Como novidade este ano, proponse a incorporación de vídeos. O tema, a duración e a técnica audiovisual son libres.
O prazo de inscrición abrangue do 15 de xuño ao 15 de decembro de 2016.