Escuelas creativas

A Fundación Telefónica e Ferran Adrià están desenvolvendo o proxecto Escuelas Creativas, co obxectivo de transferir ao eido educativo a metodoloxía de innovación e creatividade que Adrià e o seu equipo seguiron no restaurante elBulli. Este proxecto vai dirixido a equipos directivos, docentes e alumnos de todas as etapas educativas (dende educación infantil ata bacharelato, incluíndo formación profesional) a través de materiais e recursos que se porán a disposición na páxina web do proxecto, na que tamén poderán relacionarse e compartir experiencias.
Existen tres modalidades de participación:
- Como docente: nesta modalidade ofrécense materiais e recursos para levar a cabo na aula actividades que favorezan a innovación e a creatividade, tanto dos estudantes como dos mestres e mestras.
- Como centro na modalidade online: ofrécense materiais e recursos para introducir a innovación na xestión do centro (tempos, espazos, equipo...) de cara a dar resposta a calquera reto que haxa que afrontar.
- Como centro na modalidade presencial-online: igual que a opción anterior pero coa diferenza de que nesta modalidade seleccionarase un centro por comunidade autónoma que contará cun maior apoio e que poderá participar en actividades presenciais (encontros con outros participantes, etc.).
En todas as modalidades, os participantes poderán optar a premios.
Toda a información na web do proxecto
Palabras clave: