Premio Europeo Carlomagno da Xuventude 2016

Organizado conxuntamente polo Parlamento Europeo e a Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán, o Premio Europeo Carlomagno da Xuventude, que no ano 2016 vai xa pola súa novena edición, concédese a mozos e mozas de 16 a 30 anos que teñan desenvolvido proxectos que fomentan o entendemento entre os cidadáns dos distintos países europeos, que promovan o desenvolvemento dun sentido compartido de identidade europea e que ofrezan exemplos prácticos de europeos que conviven como unha soa comunidade.
Os proxectos poden centrarse na organización de diversos actos destinados aos mozos, intercambios de mozos ou proxectos en liña que presenten unha dimensión europea.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de xaneiro de 2016.
Máis información nesta ligazón.