Premio á Acción Magistral 2015

A FAD (Fundación de Ayuda contra a Drogadicción), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e o BBVA convocan a undécima edición do Premio á Acción Magistral. A convocatoria vai dirixida a docentes de centros españois que desenvolvan proxectos educativos relevantes no ámbito da educación en valores durante o curso 2014/2015. Terase en conta a orixinalidade da temática, das actividades realizadas, das estratexias educativas utilizadas, dos obxectivos establecidos e a introdución de metodoloxías educativas innovadoras.

Establécense tres categorías:

  • Categoría A: proxectos ou experiencias desenvolvidos en educación infantil ou primaria.
  • Categoría B: proxectos ou experiencias desenvolvidos con alumnado de ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e PCPI.
  • Categoría especial "Proyectos en red": proxectos intercentros realizados en rede nos niveis de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e PCPI.

O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 30 de abril de 2015.

Máis información