En busca da igualdade
Concurso escolar

O Parlamento de Galicia convoca a V edición do concurso escolar baixo a lenda "En busca da igualdade". A finalidade do concurso é fomentar, a través dos traballos propostos polos escolares, a defensa de valores tan importantes como a igualdade e a tolerancia, a necesidade de traballar para sensibilizarse e estimular actitudes e valores de igualdade, solidariedade e respecto.
Os destinatarios son os alumnos de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Especial, Educación Primaria e ESO dos centros públicos, privados e concertados de Galicia.
O prazo para a preinscrición remata o 19 de xaneiro de 2015.
Máis información na seguinte ligazón
Palabras clave: