Bolsas de Posgraduado da Fundación Barrié
A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 26ª edición do Programa de Bolsas de Posgraduado para a ampliación de estudos no estranxeiro. Os obxectivos, como en anteriores edicións, son:
- Facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística.
- Proporcionar experiencias vitais nun ámbito internacional e multicultural.
- Contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié.
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 30 bolsas, distribuídas en dúas modalidades: 10 bolsas para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo e 20 axudas á mobilidade predoutoral para a realización de estanzas de investigación..
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 30 de xaneiro ata o 23 de marzo de 2015.
Toda a información nesta ligazón