Acción Magistral

Axudas económicas de apoio a proxectos en rede de educación en valores

ACCIÓN MAGISTRAL, proxecto da FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), BBVA e a Comisión Española de Cooperación coa UNESCO, convoca axudas económicas de apoio á preparación ou execución de proxectos en rede de educación en valores realizados por grupos de educadores vinculados á iniciativa Acción Magistral, e dirixidos a nenos e mozos en idade escolar. No caso do alumnado de Educación Especial terase en conta a idade biolóxica.

Entre outras, son susceptibles de ser apoiadas:

- Actividades de formación dos integrantes do grupo directamente relacionadas coa definición ou execución do proxecto educativo.
- Actividades relacionadas coa coordinación entre os membros do grupo (desprazamentos, realización de reunións, etc).
- Actividades dirixidas a beneficiarios do proxecto educativo.
- Adquisición de bens ou servizos directamente relacionados coa aplicación dun proxecto educativo.

Estas axudas poderán solicitarse desde o 1 de setembro ata o 30 de outubro de 2015. A resolución das mesmas comunicarase antes do 20 de novembro.

Acceso ás BASES