Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario

A Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaban de facer público o Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario, co que se pretende contribuír á mellora da atención e á redución das dificultades que este trastorno ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e persoas adolescentes.

No documento indicado, que se pon a disposicións das comunidades educativas e sanitarias, e da poboación en xeral, realízase unha aproximación ao concepto do TDAH e ás súas principais manifestacións. Igualmente, establécense as principais actuacións a desenvolver pola familia, polo profesorado, polos servizos de orientación e polos servizos sanitarios desde as primeiras sospeitas, e define a liña de comunicación entre os servizos educativos e os sanitarios e viceversa.

 

Palabras clave: