Premios SELO EUROPEO 2014
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_nova/public/portada/actualidad/selo_europeo.jpg?itok=0tTXTcQc)
O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, nunha iniciativa conxunta europea, convoca os premios SELO EUROPEO 2014 co obxecto de distinguir e difundir as iniciativas e mellores prácticas no eido do ensino de linguas, tanto a nivel local como nacional.
Os centros educativos e institucións, organismos ou asociacións que desenvolvan iniciativas innovadoras no ensino ou aprendizaxe de calquera lingua -incluída a de signos- poden optar, na modalidade A, a un dos tres premios en metálico ou un diploma acreditativo. Na modalidade B, as institucións poden propor para o premio a candidatura dun profesional que destaque na súa traxectoria no ensino de linguas.
Na presente convocatoria a Comisión Europea establece as seguintes prioridades para o Selo Europeo 2014:
- As linguas para favorecer a inclusión social
- As linguas e o deporte.
O prazo de presentación remata o venres 30 de maio de 2014.
Máis información AQUÍ