Premios Nacionais de Educación para Centros Docentes 2014

O obxectivo destes Premios Nacionais de Educación para Centros Docentes é o recoñecemento a aqueles centros docentes españois que impartan ensinanzas non universitarias no sistema educativo español e que desenvolvan proxectos educativos que contribúan á mellora da calidade do ensino. Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.

Os centros presentarán os proxectos educativos nas seguintes modalidades:

- Modalidade A: Proxectos de centros docentes de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial.

- Modalidade B: Proxectos de centros docentes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Educación de Persoas Adultas, Ensinanzas Artísticas, Ensinanzas Deportivas e Escola Oficial de Idiomas.

Os premios están distribuídos en varias categorías:

  • Premios Nacionais ao Fomento da Convivencia Escolar.
  • Premios "Irene: A paz empeza na casa", para a prevención e erradicación da violencia.
  • Premios Nacionais ao Uso de Tecnoloxías Aplicadas á Educación.
  • Premios Nacionais á Inclusión do Alumnado con Necesidades Educativas Especiais.
  • Premios Nacionais ao Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais.
  • Premios Nacionais á Xestión Ambiental e Sostibilidade.
  • Premios Nacionais á Saúde Integral.
  • Premios Nacionais á Mellora do Éxito Educativo.

Cada un dos oito Premios Nacionais de Educación está dotado cunha contía de 10.000 euros en cada unha das dúas modalidades existentes.

O prazo de presentación vai desde o 20 de maio de 2014 ata o 24 de xuño de 2014.

Solicitudes

Deberase cubrir e rexistrar o formulario de inscrición que estará accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (sección "Trámites y servicios").

Acceso á convocatoria no BOE