Concurso de Curtas co móbil Axenda Dixital de Galicia 2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convoca o concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. É unha das iniciativas da campaña para a participación cidadá no proceso de elaboración da nova estratexia tecnolóxica da Administración autonómica.

Os centros educativos interesados en participar, poderán realizar a súa inscrición gratuíta a través do formulario online dispoñible no Blog XenteDixital (blog.adg2020.es/).

Os obxectivos do certame son:

  • explorar a creatividade audiovisual dos mozos a través da gravación de micromovies.
  • fomentar o traballo en equipo e o uso da lingua galega.
  • sensibilizar sobre a importancia do desenvolvemento tecnolóxico da Comunidade.
  • dar a coñecer a estratexia tecnolóxica global impulsada pola Xunta de Galicia.

Neste concurso os mozos e mozas poderán participar tanto individualmente como por grupos, de ata 5 persoas, e amosar a súa destreza cinematográfica coa gravación dun vídeo dun máximo de 3 minutos de duración onde se visualice como imaxinan que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro. Cada equipo designará un titor que forme parte do persoal docente do centro educativo. A súa tarefa será velar polo cumprimento das normas do concurso e levar a cabo a inscrición e a entrega das curtas para o certame.

O prazo de presentación de solicitudes e os seus correspondentes vídeos estará aberto ata o 30 de outubro de 2014.

Acceso á WEB DO CONCURSO

Os centros educativos interesados en participar, poderán realizar a súa inscrición gratuíta a través do formulario online dispoñible no Blog XenteDixital (blog.adg2020.es/).Os centros educativos interesados en participar, poderán realizar a súa inscrición gratuíta a través do formulario online dispoñible no Blog XenteDixital (blog.adg2020.es/).