XXIX Edición dos Premios Giner de los Ríos
Convocados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación BBVA, os Premios Giner de los Ríos teñen como finalidade estimular a realización de traballos de investigación e innovación pedagóxica que favorezan a mellora da calidade educativa, valorando especialmente aqueles traballos relacionados co desenvolvemento das competencias básicas, a creatividade, a ensinanza personalizada e o espírito emprendedor que contribúa á inserción social e profesional do alumnado.
Destinatarios:
Docentes ou equipo de docentes que se encontren en activo dando clases en centros educativos españois ou de titularidade mixta, que impartan as ensinanzas do sistema educativo español autorizados polas administracións educativas nalgunha das seguintes ensinanzas: segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas Profesionais, Ensinanzas de Idiomas en Escolas Oficiais e Ensinanzas Deportivas.
Prazo:
O prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de outubro de 2013.
Toda a información na Resolución do BOE