V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013

IGACIENCIA, en colaboración con educaBarrié, convoca o V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica  na Fundación Barrié da Coruña do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013.

O obxectivo deste obradoiro "A maxia da robótica" é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora, cunha preparación previa dunha hora de introdución cos robots e a linguaxe da robótica.

O alumnado debe organizarse en subgrupos de 4 ou 5 alumnos/as, tanto para participar no obradoiro como no concurso. Cada quenda terá un máximo de 40 estudantes que irán acompañados por 2 docentes.

Modalidades:

-Para participar  no obradoiro “A maxia da robótica" establécense tres categorías:

  • 3º ciclo de Primaria  e 1º da ESO.
  • 2º, 3º e 4º da ESO.
  • Bacharelato ou FP da mesma idade

- Para  o concurso libre:

  • Unha única categoría para os dez primeiros grupos inscritos (4 ou 5 membros).

 

Acceso á web do V Obradoiro e Concurso Galego de Robótica

Palabras clave: