Premios Mestre Mateo 2013

A Consellería de Cultura e Educación apoiará a XI edición dos premios Mestre Mateo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborará coa nova edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Así llo confirmou o responsable do departamento, Xesús Vázquez Abad, á directiva da Academia Galega do Audiovisual, no marco dunha reunión que tivo lugar o día 15 de xaneiro en Santiago de Compostela.

A academia estivo representada na xuntanza polo seu presidente, Antonio Mourelos; polos seus vicepresidentes, Jorge Coira e Luis Tosar, pola xerente, Marisela Lens, e máis por Emma Lustres, en calidade de vogal. Por parte da Xunta de Galicia tamén participou no encontro o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A Consellería colabora cos premios a través desta secretaría xeral, así como da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

No marco desta colaboración, a Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso co audiovisual e con estes galardóns, que recoñecen os traballos realizados neste sector estratéxico da cultura galega. A gala de entrega dos XI Premios Mestre Mateo terá lugar o próximo mes de marzo.

 

Accede AQUÍ  á web da Academia Galega do Audiovisual

Palabras clave: