Novo programa Erasmus +

O día 12 de decembro de 2013 publicouse no Diario Oficial da Unión Europea a Convocatoria de Propostas do Programa Erasmus+.

As condicións detalladas da convocatoria figuran na Guía do Programa Erasmus+, dispoñible na seguinte ligazón.

Os formularios electrónicos de solicitude non estarán dispoñibles hasta finais do vindeiro mes de xaneiro de 2014, aínda que xa están os borradores no devandito enlace.

En España esta convocatoria complementarase cunha Convocatoria Nacional de Propostas, pendente de publicación.

FUTUROS PARTICIPANTES NO PROGRAMA

Para poder participar no programa Erasmus + é necesario que todos os solicitantes se rexistren no Portal de Participantes da Comisión Europea da área de Educación, Audiovisual, Cultura, Cidadanía e Voluntariado (ver arquivo adxunto).

 

Palabras clave: