IV concurso Boas Prácticas Educativas MEP

Co obxecto de promover e valorar o bo facer e a excelencia do traballo da comunidade educativa dos centros públicos, a asociación “Mejora tu Escuela Pública” (MEP) convoca a IV edición do concurso de boas prácticas educativas.

Categorías:

A: Centros de Educación Infantil, Primaria e Aulas Específicas de EE

B: Centros de Educación Secundaria, Formación Profesional, Bacharelato, Centros de Formación de Adultos e Escolas de Idiomas

Os obxectivos son os seguintes:

  • que os profesionais da educación den a coñecer as experiencias traballadas na aula durante o curso 2012/2013 para que se recoñezan, compartan e difundan.
  • fomento do valor pedagóxico da cultura do esforzo e a excelencia do traballo.
  • a promoción do traballo en equipo e colaboración entre o profesorado, equipos directivos, de orientación, AMPAS e/ou familias.

O prazo para a presentación dos proxectos remata o 30 de outubro de 2013.

Toda a información na WEB da asociación MEP