Concurso de Proxectos de Educación Viaria e Teatro (DXT)
A Dirección Xeral de Tráfico presentou as bases do "Concurso de Proxectos de Educación Vial e Teatro" para o curso 2013-14 dirixido a todas as etapas do ensino non universitario. As características desta convocatoria son as seguintes:
Características xerais: proxectos orixinais desenvolvidos no centro ao longo do curso 2013-14.
MODALIDADE A:
- Obxecto: elaboración dun proxecto de educación viaria ou de materiais e recursos viarios no marco das TIC.
- Documentación: memoria descritiva do proxecto, materiais e recursos multimedia interactivos.
- Premios: 5 premios de 2.000 €, 5 accésits de 1.000 €, 7 compensacións de 500 €.
- Prazo: ata o sábado 14 de xuño de 2014.
MODALIDADE B:
- Obxecto: elaboración dun guión teatral que tome como base a discapacidade.
- Documentación: guión teatral en soporte papel, representación da obra en formato dixital.
- Premios: 1º premio de 3.000 €, 2º premio de 2.000 €, 3º premio de 1.000 €, 8 accésits de 500 €.
- Prazo: ata o domingo 29 de xuño de 2014.
Máis información AQUÍ
Palabras clave: