Certame Cooperativismo no Ensino

Para a difusión e promoción do cooperativismo entre o alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, o Consello Galego de Cooperativas pon á súa disposición unha serie de recursos educativos adaptados aos distintos niveis educativos para a transmisión de contidos relacionados co mundo das cooperativas, así como publicacións para a posta en marcha de proxectos de autoemprego cooperativo.

En consonancia con este obxectivo, a Consellería de Traballo e Benestar establece as bases reguladoras para o Certame Cooperativismo no Ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia,

Modalidades

O alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia poderán presentar os traballos para o fomento do cooperativismo nas seguintes modalidades:

a) Debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo, modalidade dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional.

O prazo de presentación das solicitudes e traballos remata o 15 de maio de 2013.

Toda a información AQUÍ

Palabras clave: