Premios Miguel Hernández Edición 2012

Recoñecemento ás actuacións a favor da aprendizaxe ao longo da vida e ao acceso á educación de grupos socialmente desfavorecidos.
Premios Miguel Hernández

Os premios “Miguel Hernández” están dirixidos ao recoñecemento do labor realizado por institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa achega no proceso de aprendizaxe ao longo da vida e por favorecer o acceso á educación de grupos socialmente desfavorecidos.
Poderán participar institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, e centros públicos de educación de persoas adultas de todo o Estado, que estean a desenvolver un proxecto que teña a finalidade de mellorar a aprendizaxe ao longo da vida.


Dotación:

  • Primeiro premio: 38.000 €
  • Segundo premio: 25.000 €
  • Terceiro premio: 16.520 €

Prazo de presentación: desde 19 de setembro de 2012 até o 18 de outubro de 2012.

 

Se queres saber máis preme aquí

 

Acceso á convocatoria no BOE (18 de setembro de 2012)